Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recupera o paseo Maceiras

RR_Noticias

Medio Ambiente dá por concluídos os traballos de recuperación do camiño que vai pola ribeira do Maceiras e nos que se investiron 34.000 euros co obxecto de acondicionar unha senda que quedara intransitable por mor das inundación do pasado mes de febreiro. O concello prevé  ampliar o sendeiro ata chegar a Ponte da lama.

Os traballos realizados neste camiño que discorre pola beira do río Maceiras, e que quedara intransitable a consecuencia dos danos que provocaran as chuvias dos días 12, 13 e 14 do pasado mes de febreiro, remataron estes días coa colocación de muros de protección con bloques de pedra en varias zonas da beira do río co obxecto de evitar a erosión e o posible desprendemento do terreo sobre todo coa chegada das chuvias neste inverno.
Esta foi a última das actuacións que permiten a este camiño está plenamente funcional. Previamente xa se procedera a recuperar o firme coa reposición da zahorra que se levara por diante as inundacións.
A intención do Goberno local, segundo sinalou o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez, “é executar en 2017 outro treito da senda para chegar xa a Ponte da Lama”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará