Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mala xornada para o balonmán local

RR_Noticias

A SAR Plastic Omnium perdeu no último minuto en Vigo ante o Seis do Nadal, e o Rodosa Chapela viuse superado polo Embutidos Lalinense, o que os afasta dos postos de cabeza. Na División de Honra Prata Feminina, logo da xornada de descanso, Rodosa Chapela e Rodavigo SAR preparan o derbi do próximo sábado.

Primeira Nacional
Magope Seis do Nadal 25-24 SAR Plastic Omnium
Un gol de Bao a falta de pouco máis dun minuto deu a vitoria ao Magope Seis do Nadal. Os de Redondela dispuxeron do último ataque para empatar pero o Magope estivo moi acertado na defensa e conseguiu manter a vantaxe. Esta derrota deixa aos de Carlos Rey na parte baixa da táboa, son 13º. A próxima xornada reciben en Redondela ao Luceros, que suma un punto máis que os redondeláns.
Emb. Lalinense-Rodosa 35-32
Os Embutidos Lalinense impúxose onte no Lalín Area ao Rodosa Chapela por 35-32. Deste xeito, os de Lalín sitúanse segundos na clasificación, a catro puntos do Calvo Xiria, mentres que os de Chapela son cuartos, afastándose dos postos de cabeza, malia que só quedan a dous puntos do Lalín. A próxima xornada os de Fran Teixeira reciben ao Octavio, da metade baixa da táboa.
División de Honra Prata
Logo da xornada de descanso desta pasada fin de semana, os equipos locais prepáranse para o derbi que os enfrontará en Chapela o próximo sábado. Rodosa Chapela e Rodavigo SAR chegan nunha situación diametralmente oposta a este derbi. As redondeláns defenden o liderado do grupo, mentres que as anfitrioas só suman 2 puntos no que vai de liga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará