Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cortada a estrada N-550 entre Redondela e O Porriño por un accidente múltiple con tres feridos

RR_Noticias

A estrada dos Valos quedou cortada á primeira hora deste luns debido a un accidente de tráfico no que se viron implicados tres camións e un turismo. Foi necesaria a intervención dos bombeiros para rescatar a varios ocupantes dos vehículos. Tres persoas resultaron feridas, dúas delas de gravidade sendo trasladadas a centros hospitalarios vigueses.

Un accidente de tráfico provocou a primeira hora da mañá de hoxe luns o corte total da estrada N550, no tramo dos Valos que une O Porriño e Redondela. Na colisión, ocorrida ao redor do sete da mañá á altura de Ameirolongo (Mos), víronse implicados tres vehículos pesados e un turismo. Os bombeiros do parque comarcal do Porriño acudiron ao lugar para rescatar a polo menos unha persoa atrapada.
Segundo informou o 112, hai tres persoas feridas, dúas de gravidade e todas foron evacuadas a centro hospitalarios. Os Bombeiros do Baixo Miño e os efectivos do servizo local de emerxencias liberaron aos feridos que, como consecuencia do impacto, quedaran atrapados no interior dos vehículos implicados.
Ademais, verteuse gasóleo na calzada e tivo que intervir un equipo de limpeza do Ministerio de Fomento. Tamén se desprazaron á zona patrullas da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e efectivos de conservación de estradas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará