Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gonzo anima aos redondeláns “a actuar” e colaborar na recollida do Banco de Alimentos

RR_Noticias

Sete supermercados de Redondela (Dia, Eroski, Familia, Mercadona e os tres centros de Froiz) participan nas xornadas de venres e sábado na gran recollida que organiza o Banco de Alimentos co obxectivo de superar os 300.000 kilos de comida recollidos na edición anterior. Contan cun colaborador de excepción, o xornalista Fernando González “Gonzo” que se suma os máis de 1500 voluntarios que durante as dúas xornadas estarán traballando nos puntos de recollida.

Curtido á hora de cubrir informacións de índole social que as veces o levan enfrontarse con situacións persoais de extrema dificultade, Gonzo explica que en ningún momento se lle pasou pola cabeza negarse a ser o embaixador dunha iniciativa que busca axudar a moita xente que o está pasando mal. A súa colaboración vai máis aló de ser a imaxe da campaña xa que  tamén se pon o chaleco de voluntario e participa directamente na recollida. Explica que a situación é “tan de emerxencia que é preciso actuar” e convida a todos os redondeláns a doar alimentos que dean unha solución inmediata a esas persoas que non teñen que poñer na mesa.  

Gonzo xornalista
Dende El Intermedio enfróntase diariamente a problemas sociais
Situación de emerxencia
É preciso actuar para dar resposta a necesidade de moitos que non teñen que comer
Chama a colaborar
Anima aos redondeláns a doar parte da súa compra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará