Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Trinta postos participarán na feira de artesanía do Nadal

RR_Noticias

Os días 17 e 18 de decembro celébrase unha nova edición da feira de artesanía de Nadal do Concello de Redondela que contará cun total de trinta postos que ofertarán so seus produtos na beirarrúa da Rúa Ribeira, ao carón da Alameda. Poderán participar aqueles que ofrezan obxectos realizados de xeito artesanal, obxectos típicos do nadal ou de uso doméstico aos que lle impriman un selo persoal, quedando excluídos da venda os produtos alimenticios.

As persoas interesadas en facerse un oco nesta feira deberán presentar as súas solicitudes antes do 2 de decembro no rexistro do concello e abonar 21 euros en conceptos de taxa de ocupación de vía pública.
O horario da feira será o sábado día 17 de 10:00 a 22:00 horas e o domingo 18 de 10:00 a 21:00h.
As bases xunto coas instancias a presentar por rexistro pódense atopar na páxina web do Concello (www.redondela.gal)
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará