Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP comprométese a xestionar prazas residenciais nun Centro de Día que arrancará só con uso diurno

RR_Noticias

O goberno local defende o Convenio entre o Concello e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar como o mellor xeito de poñer en marcha este o Cetnro de Día de Cesantes. Un convenio que establece que o concello deberá pagar 2.500 euros anuais por cada usuario empadroado no concello de Redondela. Malia as críticas da oposición os populares lembran que se trata dun acordo marco aprobado pola Fegamp “que preside un socialista”.

A Concelleira de Benestar Social, Carmen Amoedo, confía en que a oposición, “nun acto de responsabilidade”, refrende o convenio coa Xunta que permitiría abrir o Centro de Día de Cesantes, cuxo edificio leva máis de catro anos pechado. Asegura non entender as críticas que nos últimos días teñen vertido os grupos da oposición xa que se trata dun Convenio marco aprobado pola Federación galega de Municipios E provincias (FEGAMP) que está presidida por un alcalde do PSOE. Críticas centradas no custe que lle vai supoñer ao concello a posta en marcha deste centro (2.500 euros anuais por casa usuario de Redondela) pero tamén polo uso ao que vai ser destinado, xa que non terá carácter residencial, tal e como estaba previsto nun inicio, senón que tan só terá servizo diurno. Neste sentido Amoedo asegura que “o prioritario é poñelo en marcha aínda que só sexa con atención diurna” pero comprométese a que dende o goberno municipal “encargarémonos de xestionar coa Xunta unha partida en futuros orzamentos para dotalo de prazas residenciais”.  

Carmen Amoedo Concelleira Servizos Sociais
Confía en poder aprobar o Convenio marco que permitiría poñer en marcha o centro de día de Cesantes
Prazas residenciais
Sería unha demanda a posteriori

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará