Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preocupación entre as limpadoras dos edificios municipais ante o cambio de concesión do servizo

RR_Noticias

O servizo de limpeza dos edificios municipais pasará a mans de Valoriza, logo de que
esta empresa, que presentou a oferta máis baixa, gañara o concurso de adxudicación e así o ratificase o pleno de Redondela cos únicos votos a favor do PP. A CIG alerta das consecuencias que pode xerar para o persoal a mudanza na concesionaria, lembran que Valoriza “debe subrogar a todo o persoal” e aseguran que seguirán de perto os seus primeiros pasos á fronte do servizo. Tamén que “non se consentirá ningunha regresión, sobre todo no tocante a xornadas e horario”.

A central sindical CIG, a través dun comunicado, explican que “as máis de trinta mulleres que traballan no servizo de limpeza non queren volver padecer a situación de precariedade que viviron nos anos 90 con Limpezas Redondela, de Bibiano Morón, cando moitas delas “se atopaban sen contratos e sen seguridade social”. Por iso, e despois de lograren unha situación de estabilidade coa seguinte concesionaria, Limpezas Almi, temen un retorno ao pasado con Valoriza, “empresa que saiu gañadora dun proceso express que precisou do voto de calidade do alcalde para saír adiante”.
Desde a CIG-Servizos argumentan que alén de presentar a oferta máis baixa, Valoriza ten un amplo historial de incumprimentos en materia laboral noutras concesións. Así mesmo, e fronte aos argumentos do alcalde, lembran que a caducidade da concesión non deixaría desprotexidas as traballadoras, se non que existe a posibilidade ben de prorrogar a actual ou a de que sexa o Concello quen se faga cargo das nóminas até que saíse unha nova concesión “con tempo e forma”. Critican, asemade, ao PSOE, que a pesar de oporse ao actual proceso “foi quen privatizou o servizo” no ano 1994.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará