Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello dá por resolto o problema de limpeza no pavillón do IES Mendiño

RR_Noticias

A reunión a tres bandas, Concello, Dirección do centro educativo, e Inspección, serviu para “concretar competencias” e resolver un problema que estaba a afectar ao normal desenvolver das clases de ximnasia do alumnado do Instituto. Establecese agora un horario de limpeza dous días a semana e o concello reunirase cos clubs que usan as instalacións en horario vespertino para lles reclamar unha maior responsabilidade á hora de usar o pavillón.

O edil de deportes, Julio Mougán, confía na boa convivencia dos clubs que empregan ditas instalacións en horario non lectivo e dos propios alumnos do instituto. Entende que o denunciado dende o propio centro de ensino, quen aseguraban que os equipos que acudían a estas instalacións pola tarde deixaban o pavillón nun estado deplorable que non permitía o seu uso nunha condicións minimamente hixiénicas, foi consecuencia dunha falta de comunicación entre as partes implicadas. Aclarado xa que os traballos de limpeza son competencia do Centro educativo, acordouse un horario no que o pavillón estará baleiro para que poidan traballar os operarios de limpeza.  
Por outra banda o concello comprométense a coordinar o uso das instalacións fóra do horario lectivo e a “estar enriba” dos clubs que o empregan para que se respecten as normas hixiénicas que deben rexer o uso do pavillón.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará