Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Centro Recreativo amplía a súa oferta deportiva coas novas pistas interiores de céspede artificial

RR_Noticias

Fútbol, tenis e balonmán son algunhas das disciplinas que o Centro Recreativo engade a súa oferta de ocio e deporte coa renovación das súas instalacións. Logo de meses de traballo, está xa rematada a reforma realizada nos baixos do edificio que veñen de ser acondicionados para crear unha sala multideporte nas que os rapaces poidan practicar estas disciplinas baixo cuberto en calquera época do ano. O presidente da entidade, Daniel Virulegio, confía en que este servizo atraia un maior número de socios.

A directiva do centro marcouse como un dos obxectivos mellorar as instalacións para atraer un maior número de socios. E logo de varios meses de traballo está xa remata a reforma realizada na parte baixa do edificio. Un espazo de 320 metros cadrados no que os rapaces e rapazas poderán practicar balonmán, fútbol e tenis nunha pista cuberta, con céspede artificial e acondicionada para a práctica destas modalidades deportivas. Virulegio anima aos veciños a achegarse ao centro e facerse socios para garantir a supervivencia dunha entidade “que está aberta a todo o mundo e que busca promover a cultura, o deporte e o ocio”.  

Daniel Virulegio Centro Recreativo
O centro inaugura novas instalacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará