Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós aplaude que se recupere a idea de converter o cemiterio dos Eidos nun museo aberto

RR_Noticias

Hai unha década este colectivo cultural xunto ao Colectivo Republicano e o Seminario de Estudios Redondeláns presentaran unha moción ao pleno do concello reclamando que se puxese en valor o cemiterio dos Eidos, que xa naquela altura, e tal e como denunciaban “presentaba un evidente estado de deterioro, con panteóns e outros elementos decorativos a piques de desaparecer e outro tronzados por mor da barbarie e a incultura”. Dez anos despois recuperan a idea de converter este espazo en museo ao aire libre e aplauden a iniciativa so PSOE quen ven de reclamar que se poñan en marcha dende o goberno local medidas para a súa conservación e posta en valor.

Un recinto que é en si mesmo unha xoia do arte popular, unha mostra única dos derradeiros dous séculos da historia da vila, pois nel repousan os restos de xentes que pelexaron contra os franceses na batalla de Pontesampaio, dun capitán xeneral de Galicia, dun gobernador civil de Zamora durante a ditadura de Primo de Rivera, do primeiro alcalde republicano ou de persoeiros de tanto renome, dentro do que foi o movemento agrarista galego, como Juan Amoedo Seoane. Tamén foi o lugar onde repousaron os restos dun maquis galego, foxa común de asasinados durante a guerra civil en todo o termo municipal de Redondela, ou de varios membros da masonería local, pero tamén de xente anónima merecedores de respecto e recordo.  Sen esquecer o propio valor artístico e cultural dos elementos (cruces, panteóns…) que o integran e que merecen ser conservados. Un estado de abandono que segundo explica Andres Laxe non é exclusivo do cemiterio dos Eidos xa que afecta a gran parte do patrimonio local: dende o inmaterial como é a toponimia, pasando polo monte da Peneda ou o estado de deterioro evidente dos cruceiros. Algo que para Alén Nós é produto “da falta de sensibilidade, de coñecemento e de vontade política” por preservar ese legado.  

Andrés Laxe Alén Nós
Un cemiterio que ten dous séculos de historia
Valor artístico e etnográfico
Elementos patrimoniais e persoeiros históricos
Patrimonio abandonado
Tanto material como inmaterial

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará