Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teixeira agarda recuperar efectivos para cumprir cos obxectivos do Rodosa Chapela

RR_Noticias

O equipo de Primeira Nacional, que vén de gañar o derbi en Redondela ante a SAR, achégase aos postos de cabeza da táboa. Está a un punto do segundo clasificado, o At. Novás, e a catro do líder, o Xiria. O sábado reciben en Chapela ao Luceros, que poderá viaxar cos xogadores de Asobal. Pero a Teixeira o que lle preocupa é contar con todo o seu plantel.

O técnico do Rodosa Chapela lamenta que desde comezos de temporada está a sufrir baixas importantes, como a do porteiro Juan Novás, que ficharon procedente do Cisne. O gardameta padece unha lesión de xeonllo e aínda está pendente de probas médicas. Outro que foi baixa por lesión é Tanis, xogador que recuperaron a pasada xornada para o derbi redondelán, e que foi un dos protagonistas do encontro ao marcar cinco goles. Unha vitoria importante para o Chapela, que deste xeito non se descolga dos postos de cabeza da táboa. Agora, coa inxección de moral que supón a vitoria sobre a SAR, preparan o encontro desta fin de semana que os medirá en Chapela ao Luceros Cangas. Os do Morrazo poderán viaxar cos xogadores do primeiro equipo, de Liga Asobal, xa que o Frigoríficos disputa a xornada de competición mañá mércores. Con todo, a maior preocupación de Fran Teixeira é poder adestrar con normalidade durante a semana, e poder contar con todos os seus efectivos para competir con garantías no partido do sábado. O partido será o sábado, día 19, ás 18.30 horas no Pavillón Municipal de Chapela.    

Fran Teixeira adestrador do BM.Chapela
A maior preocupación do técnico é poder contar con todos os seus xogadores para afrontar a competición con garantías.
Vitoria no derbi
Teixeira salienta a importancia da vitoria no derbi a nivel deportivo e anímico.
Rodosa Chapela-Luceros Cangas
O filial do Morrazo poderá viaxar a Chapela cos xogadores do primeiro equipo de Liga Asobal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará