Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Servizos de Emerxencia traballan na retirada de máis de cen niños de avespa velutina

RR_Noticias

O concello de Redondela converteuse hai menos de dous meses en ” concello colaborador” e nestas semanas os traballadores do Servizo de Emerxencias (SES) levan retirados xa máis de 70 niños desta especie invasora. Teñen pendentes ademais uns trinta avisos aos que lles darán resposta no período máis breve de tempo. “En canto executamos a retirada duns niños chegan novos avisos alertando de novos avistamentos” advirten os operarios do SES.

Os convenios entre Concellos e Xunta para actuar nestes casos buscan que cando se produza unha chamada de alerta ao 012 ou 112 se envíe persoal responsable da zona evitando así duplicidades. Ademais da eliminación ou inactivación dos niños, o equipo é responsable tamén de recoller os datos e incluílos nunha base que centraliza todas a información. Así, os axentes do SES de Redondela encárganse de recibir o aviso que tramita a Concellería de Medio ambiente. Unha vez coñecido o lugar desprázanse ata alí con pértegas coas que introducen o veleno no interior do niño “a primeira hora da mañá ou a última da tarde que é cando hai maior concentración de individuos no interior do niño”, explica Diego lago Barciela un dos operarios que desenvolve este traballo. Noutras ocasións, cando o niño se atopa nas inmediacións dun centro educativo, proceden a súa retirada inmediata. A maior parte dos niños localízanse en zonas rurais aínda que tamén téñense detectados algúns na rúa Justo Otero ou Pai Crespo no centro de Redondela ou mesmo no casco urbano de Chapela.  

Diego Lago SES Redondela
En menos de dous meses retiraron xa 70 niños
Actuación e zonas
Adoitan introducir veleno nos niños que habitualmetne están no rural

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará