Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O arquivo fotográfico de “Fosca” pasa a mans do concello

RR_Noticias

A Concellería de Cultura adquire os 68.000 negativos que conforman o fondo fotográfico de Fotsca, propiedade do fotógrafo local Carlos Alonso Martínez con imaxes que fan un percorrido pola historia, festas e costumes dos redondeláns dende o 1972 ata os inicios da década dos 90. Unha documentación que será custodiada polo concello ata que se proceda a súa dixitalización, labor que se realizará nos vindeiros anos, e que permitirá que esas fotografías poidan ser consultadas a través da web.

As xestións para adquirir esta colección iniciáronse hai máis de dous anos e o acordo chegou logo de que se valorase o arquivo en 6.000 euros. En total son 20 caixas con imaxes que van dende o ano 1972 ata o ano 93.
En total 68.380 negativos con temática variada: vodas e comuñóns que abarcan o 50% do fondo, retratos de estudio, grupos escolares, festas populares, deportes ou acontecementos puntuais como inauguración ou a nevada de 1987.
A adquisición por parte do Concello de Redondela deste Fondo supón o comezo de valoración dun traballo (o da Fotografía), dunha profesión e dun xénero artístico, garantindo así a súa conservación.
A finalidade principal da adquisición do Fondo será a súa difusión polo que agora se inicia o proceso de revelado, edición, clasificación e difusión.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará