Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de autoemprego en Saxamonde

RR_Noticias

A actividade, impartida pola cooperativa Feitoría Verde e financiada pola Deputación, arranca este venres orientada a aquelas persoas que teñan en mente algunha idea ou proxecto de autoemprendemento e que queiran saber máis sobre como facelo realidade. As persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Asociación de mulleres Arela nos teléfonos 661 837 597 ou no 606 722 635. Poden tamén informarse a través do correo arelamulleres@gmail.com. A actividade ten unha duración de dous meses.

A Asociación Areala ten aberto o prazo de inscrición para participar neste obradoiro formativo no que se ensinarán técnicas de autoemprego e de creación de empresas “dende o rural, dende o sustentable e dende a economía social” en palabras de Paula Lubián unha das monitoras do curso. O programa, subvencionado pola Deputación de Pontevedra, serviralle aos participantes para pór en valor os recursos propios e locais a nivel humano, patrimonial ou ambiental, crear proxectos de autoemprego e achegarse á fórmula cooperativa e as súas posibilidades.  

Paula Lubián Feitoría Verde
Un obradoiro práctico
Perfil do alumno
Persoas desempregadas ou que queren dar un xiro ao seu negocio ou actividade profesional

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará