Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno únese ás comunidades de montes na demanda de máis investimentos en prevención

RR_Noticias

O presidente da comunidade de montes de Ventosela, Félix Cal, era o encargado de trasladar ao pleno unha iniciativa destes colectivos na que se solicita que as políticas forestais incrementen o seu orzamento en prevención, con maiores achegas para a limpeza e coidado do monte “o que serviría para previr lumes como os vividos este verán en Redondela e que foron unha réplica do acontecido dez anos atrás nos mesmos montes”. Denuncian que non se está a cumprir a normativa de seguridade que obriga aos propietarios a manter limpo o perímetro das vivendas e que dende a Xunta hai unha deixazón de funcións á hora de aplicar a Lei de Montes.

A proposta contou co apoio de todos os grupos presentes na corporación, aínda que con matices. Mentres a aposición puña o acento no que entenden é unha política nefasta por parte da Xunta ao investir maioritariamente en extinción, a voceira do PP defendía a actuación do goberno galego. Argumentaba a popular Carmen Amoedo que “por moito que se limpen os montes cando se prende o lume en varios puntos a situación é case imposible de controlar” lembrando que os responsables dos incendios forestais son “os incendiarios”. Defendía tamén as medidas adoptadas dende a administración local “o goberno do PP foi o primeiro en sacar un bando que sanciona a aqueles que non limpan as fincas e ten en marcha un plan para contactar cos propietarios dos montes”. Máis críticos eran os grupos da oposición co traballo tanto do goberno local como do galego. Así, Digna Rivas do PSOE aseguraba que “a Xunta fai caso omiso da súa propia normativa, investindo menos dun 40% do que se destina aos montes en mellorar a xestión cando a previsión era dun 87%”. Mesma crítica facían dende AER e dende o BNG, formación que reclama que se recuperar a franxa de protección de 100 metros arredor das vivendas. A edil non adscrita Raquel Quintans lembraba que neste verán arderon en Galicia máis de 20.000 hectáreas No municipio de Redondela arderon na primeira quincena de agosto máis de 230 hectáreas nas parroquias de Ventosela, O Viso e Reboreda.  

Felixa Cal Comunidade Montes Ventosela
Foi o encargado de trasladar a moción ao pleno
Carmen Amoedo PP
Salientaba o feito polo goberno local
Jorge Varela AER
Máis prevención e menos extinción
Digna Rivas PSOE
Só se inviste en prevención un 40% do total
Xoán Carlos González BNG
Os nacionalistas piden que se recupere a franxa de protección de 100 metros
Raquel Quintáns edil non adscrita
Lembra o efecto devastador dos lumes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará