Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha xornada promove a implantación das novas tecnoloxías na pequena empresa

RR_Noticias

A Deputación de Pontevedra presenta este xoves o proxecto SmartPeme dirixido a autónomos e empresarios co obxecto de promover e favorecer a implantación das novas tecnoloxías co obxectivo de mellorar o posicionamento e as oportunidades de negocio das empresas. A actividade impartirase na Casa da Cultura este xoves 3 ás 10:00 horas.

Smartpeme é un proxecto da Deputación orientado a autónomos e pequenas empresas para lles achegar o mellor uso das TIC e a súa aplicación a cada negocio de xeito individual. Aos asistentes daráselles a coñecer esas ferramentas que poden servir para xerar novas vendas. Aconsellaráselles sobre equipamento e recibirán asesoramento sobre como mellorar a súa presenza en Internet. Unha actividade orientada a todas as persoas que queiran coñecer solucións asequibles para implantar as novas tecnoloxías dun xeito sinxelo acompañados dun técnico que valorará as necesidade da empresa e as melloras que poden implementar en cada negocio. A xornada arrancará ás 10:00 e contará coa presenza da presidenta da deputación Carmela Silva e o alcalde Javier Bas. A continuación presentarase a carteira de servizos de smartpeme e haberá reunións individuais cos asistentes para coñecer as súas necesidades e problemáticas. Os os interesados poden reservar praza no 886202020 ou a través do enderezo info.smartpeme@depo.es  

José Antonio Piñeiro responsable Smartpeme
Explica en que consiste a iniciativa
A quen vai dirixido
Autónomos e pequenos empresarios independentemente dos seus coñecementos
Ser máis competitivos
Mellorar as vendas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará