Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O socialista Isaac Araújo substitúe a Leticia González na corporación

RR_Noticias

A concelleira do PSOE deixa a corporación por motivos persoais e será substituída no cargo por Isaac Araújo, quen ocupaba o posto número 7 na listas que os socialistas presentaran nas últimas eleccións municipais. Dáse a circunstancia de que Araújo renunciara á súa candidatura nas listas do PSdeG por Pontevedra en contra da postura da agrupación local o que creara certo malestar na sede dos socialistas redondeláns.

Este é o primeiro cambio que se da nas filas socialistas dende o inicio do mandato. Leticia González, quen xa levaba formando parte da corporación dende o mandato anterior, deixa o cargo “por motivos persoais e será substituída na corporación por Isaac Araújo. O que fora responsable das Xuventudes Socialistas de Redondela durante seis anos accede agora a corporación tan só dous meses despois de renunciar a ir nas listas do PSdeG por Pontevedra argumentando que “non se sentía cómodo” nunha candidatura que segundo el era crítica “co referente do municipalismo en España”, en referencia a Abel Caballero. Unha decisión que provocara malestar na sede da agrupación local que agora deberán limar diferenzas nese grupo municipal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará