Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodavigo SAR, no liderado tras vencer en Cantabria

RR_Noticias

As xogadoras de “Chini” están no máis alto da División de Honra Prata. Comparten liderado co Tejina canario logo de impoñerse ao Camargo. O Rodosa Chapela é último logo de perder en Tenerife. Na Nacional Masculina o Chapela venceu na Coruña e a SAR perdeu co líder.

Primeira Nacional

Rodosa Chapela 25- 24 OAR Coruña
Os de Fran Teixeira conseguiron salvar o partido ante os coruñeses no último minuto. Unha boa actuación do porteiro Juan Novás a poucos segundos do final fixo posible manter o marcador favorable ao Chapela. Vitoria moi traballada e sufrida, que lles permite seguir na parte alta da táboa. A próxima xornada xogan en Pontevedra ante o Teucro.
SAR 13-38 Calvo Xiria
Dura derrota do Plástic Omnium en Redondela ante o intratable Calvo Xiria, líder do grupo que non deu opcións aos de Carlos Rey. Arrasaron no pavillón da Marisma, e xa deixaron sentenciado o encontro antes do descanso, cun marcador de 6-22. Na próxima xornada a SAR xoga en Vigo ante o Lavadores, outro equipo que está a pasar apuros neste comezo de liga.
Honra Prata Feminina

Balonmán Camargo 21-24 Rodavigo SAR
Na súa visita á localidade cántabra de Maliaño, as pupilas de Elisardo Covelo “Chini” souberon levar o ritmo do partido na segunda parte, na que por fin lograron despegarse do seu rival tras unha igualada primeira metade. Nerea Bouzón (8) e Sara González (7) destacaron na faceta goleadora. O domingo reciben ao Seis do Nadal, será ás 12.30 no Pavillón da Marisma. As de Coia están na parte baixa da táboa.
Tejina 30-21 Rodosa Chapela
O Rodosa Chapela, pechacancelas, penalizoulle o seu mal inicio na segunda parte na súa visita ao líder Tejina Tenerife (30-21). Até o descanso, os goles de Emma Prieto mantivérono dentro do partido (15-14). Pero non foron quen de aguantar. O domingo reciben ao Camargo, co que están empatados no últimoposto da táboa. O partido ás 12.20 no pavillón de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará