Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos en Chapela e Redondela para celebrar o día das bibliotecas

RR_Noticias

“Pastoreando alegrías” é o título da actividade que se vai desenvolver este xoves 20 na biblioteca de Redondela orientada a nenos a partir de 3 anos. O luns 24 a cita será en Chapela cun contacontos-obradoiro que leva por nome “Contos con Miró” e que impartirá a compañía Tarabelos. Nesta última actividade é preciso inscribirse e está orientada a nenos maiores de 6 anos.

Carme Domech, de Títeres Cachirulo será a encargada de impartir o contacontos sobre a Cabra Micaela e a súa pastora. “Pastoreando alegrías” é o título desta actividade que se desenvolverá este xoves ás 18:00 h. na Sala Infantil da Biblioteca Municipal de Redondela con entrada libre e de balde ata completar aforo. Un xeito de conmemorar o día das bibliotecas, celebración que seguirá o luns 24 ás 18:30 horas en Chapela, onde se impartirá a actividade “Contos con Miró”, contacontos-obradoiro con Tarabelos para mergullarnos no Surrealismo e na arte de Joan Miró. Neste caso, malia ser a actividade de balde, compre inscrición previa pro seren as prazas  limitadas. Orientado a maiores de seis anos a reservade praza débese facer na Biblioteca de Chapela, no teléfono 986454226 ou no correo bibliotecachapela@redondela.es Estas actividades realízanse coa participación do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.  

Mª José VIllar Biblioteca de Chapela
Dous contacontos para conmemorar o día da biblioteca
Contacontos obradoiro
No de Chapela cómpre inscrición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará