Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela gaña en Lavadores e a SAR Platic Omnium perde no Grove

RR_Noticias

A xornada de liga decretada onte pola federación aproveitando a xornada festiva deixa un sabor agridoce no balonmán local, cunha vitoria e unha derrota. Os de Fran Teixeira impuxéronse ao Lavadores cun gran parcial na segunda parte, e os de Carlos Rey perderon ante o Rasoeiro logo dun encontro moi igualado.

Primeira Nacional
Lavadores 16- 28 Rodosa Chapela
A primeira metade non foi boa para os de Chapela. O Lavadores colocouse por diante no marcador e até os últimos segundos antes do descanso os de Fran Teixeira non conseguiu dar a volta ao marcador. Na segunda parte cambiaron as cousas, o Rodosa fixo un mellor traballo defensivo e só encaixou seis goles.
Calmear Rasoeiro 35-33 SAR Plastic Omnium
O refacho de resultados positivos dos de Carlos Rey freouse no Grove. A SAR Plastic Omnium perdeu inesperadamente onte contra o recentemente ascendido Calmear Rasoeiro. Nun partido de máxima igualdade, con empata 14-14 no descanso, os mecos aproveitaron mellor os minutos finais e conseguiron a vitoria.
A próxima xornada, o sábado día 15, o Rodosa Chapela recibe ao OAR Coruña. O partido xógase ás 18.30. Á mesma no pavillón da Marisma a SAR recibe ao líder da categoría, o Calvo Xiria.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará