Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco proclamouse vencedor do Trofeo de Fútbol Concello de Redondela

RR_Noticias

Os de Marcos Montes impuxéronse na final ao Peña Beretes por 2-0. Os de Chapela superaran previamente a eliminatoria ante o Atl. Vilar de xeito inesperado por 2-1. O Choco chegou á final logo de eliminar en semifinais ao Cesantes por 3-0. Todos os encontros se disputaron onte no campo de fútbol de Chapela.

Unha xornada intensa de fútbol, a vivida onte no Campo de Parada, coas semifinais e a final do Trofeo de Fútbol Concello de Redondela, co que se fixo un ano máis o C.D. Choco. Os redondeláns pelexaron no torneo local co equipo filial, que milita na Segunda Autonómica, e co que se impuxeron sen problemas aos rivais. Primeiro eliminando na semifinal da mañá ao Cesantes por 3-0, e logo pola tarde impoñéndose na final ao Peña Beretes Chapela cun marcador de 2-0, pero que puido ser aínda máis avultado. Peña Beretes chegara á final logo de eliminar aos de Vilar por 2-1, cun resultado que foi a sorpresa do torneo.
Agora todos os equipos pensan xa na cita de liga da fin de semana. O Choco viaxa a Coruña para medirse ao Deportivo B; o Choco B recibe en Santa Mariña ao Louro. Na Terceira Autonómica o Chapela recibe ao Vincios, o Peña Beretes vive un novo derbi local ante o Atl. Vilar, e o Cesantes recibe ao Caroi.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará