Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marchas e pé e en bici para reclamar unha senda ciclista e un tren de proximidade por Chapela

RR_Noticias

Colectivos ciclistas convocan unha marcha para pedir unha vía verde ate Pontevedra. Unha iniciativa á que se suma a Asociación de Veciños de Chapela quen insisten na necesidade de aproveitar as vías de tren actualmente en desuso para crear sendas ciclistas, peonís e a posta en marcha dun tren de proximidade ou tranvía que permita un transporte sostible dende a parroquia redondelá ata Vigo. Os participantes sairán dende a estación de tren de Chapela ás 11:30 a pé e as 12:00 os que opten por usar a bicicleta. A marcha rematarán na Porta do Sol en Vigo ás 13:00 horas.

Os convocantes lembran os investimentos millonarios que se están a facer na construción e ampliación de diferentes infraestruturas orientadas a fomentar o transporte en vehículo privado e denuncian pola contra “apenas inversións na mellora das comunicacións locais, entre parroquias e municipios, ao contrario, en moitos casos a ampliación de estradas para vehículos provoca unha merma nestas propias vías de comunicación”. Como exemplo desta situación salientan o abandono da estación de tren de Chapela, provocando a perda dunha vía de comunicación local entre dous entornos urbanos estreitamente relacionados, ou a perda continua de liñas de transporte colectivo. É por isto que dende a asociación de usuarios da bicicleta A Golpe de Pedal e en colaboración coas asociacións de usuarios de bicicleta Pedaladas e Arousa en Bici organizan esta xornada reivindicativa o ivndeiro domingo día 9 para reclamar “unha maior aposta e implicación das institucións locais, provincial, autonómica e estatal por un modelo de mobilidade máis sostible, no que se de preferencia ao peón, bicicleta e transporte público como solución aos problemas actuais dun modelo de mobilidade baseado case integramente no transporte particular”. As demandas concretas dos convocantes pasan pola creación dunha senda ciclista e peonil entre Vilagarcía, Pontevedra e Vigo, o fomento do transporte público e intermodal, co aproveitamento da vía do tren de Chapela a Vigo para a creación dunha senda ciclista, peonil e de tren de proximidade ou tranvía e a creación de aparcamentos periféricos gratuítos na cidade de Vigo para os vehículos particulares e fomento da mobilidade peonil e ciclista na cidade de Vigo co desenvolvemento de infraestructuras para as bicicletas, calmado de tráfico e uso compartido e novas zonas peonís nas rúas da cidade.  

Alejandro Costas A golpe de pedal
Colectivos ciclistas e asociacións súmanse á iniciativa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará