Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello sinalizará con pictogramas os edificios públicos

RR_Noticias

A proposta de AER, aprobada en pleno por unanimidade, propón un plan de sinalización con pictogramas nos edificios, dependencias, instalacións e espazos públicos do Concello de Redondela. A medida serviría para eliminar as barreiras cognitivas coas que se atopan as persoas con necesidades diferentes. Beneficiaría particularmente a persoas con trastornos do espectro do autismo ao favorecer a súa accesibilidade a diferentes servizos, así como a outros colectivos que atoparán nos pictogramas unha valiosa axuda.

Cando empregamos pictogramas, explican dende a Agrupación de Electores “o entorno vólvese máis previsible e comprensible á hora de orientarse e de utilizar os servizos”. Isto beneficiaría particularmente a persoas con trastornos do espectro do autismo (TEA) e por extensión, a outros colectivos que se verán beneficiados deste tipo de adaptacións e atoparán nos pictogramas unha valiosa axuda (persoas con discapacidades cognitivas e mentais, persoas con incapacidade na fala, persoas maiores, nenos e nenas, persoas analfabetas funcionais ou mesmo estranxeiros que descoñecen o noso idioma). Trátase de cambios sinxelos que contribúen ao benestar e á igualdade de dereitos das persoas con discapacidade en xeral e con autismo en particular, dándolles a oportunidade de participar de forma activa na sociedade. Unha idea que comparten todos os grupos con prezenza na corporación, comprometéndose así o concello a coordinarase cos demais organismos oficiais con dependencias en Redondela para que colaboren con esta iniciativa de sinalización con pictogramas nos seus espazos no noso concello (Centro de saúde, albergue peregrinos (casa da torre), xulgados, Policía Nacional, INSS, Servizo Galego de Colocación, SEPE, …).  

Beatriz Laíño AER
Defende a moción presentada polo seu grupo
Xoan Carlos González BNG
Unha idea que comparten no BNG
Eduardo Reguera PSOE
Facilitar a vida dos demais
Teresa París PP
Colaborar coas asociacións que existen en Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará