Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Choco enterra a racha negativa logo dunha remontada ante o Cerceda

RR_Noticias

Os de Marcos Montes asinaron por fin unha vitoria ante a súa afección. E fixérono ante un dos equipos máis duros da categoría, o Cerceda, logo de superar un marcador en contra nun partido moi traballado e no que a fortuna, esta vez si, estivo do lado dos redondeláns.

Terceira División
Choco 2-1 Cerceda
O partido comezo mal para o Choco, que vía unha vez máis como o rival se poñía por diante. Chegou cedo o gol do Cerceda, no minuto 12, obra de Carlos López. Os redondeláns non souberon reaccionar, e o Cerceda amosábase cómodo en Santa Mariña, malia sen demasiadas ocasións. O cambio chegou pasada a media hora de partido. Os de Redondela argallaron unha boa xogada colectiva cunha internada de Yago Vázquez até liña de fondo, pase atrás cara a Félix, que disparou cruzado e topou con Ricar que se estreou como goleador cun disparo ao segundo pau. O empate cambiou o rumbo do partido. Despois do descanso os de Montes crearon máis perigo. No ecuador da segunda parte Gonzalo enviou un balón á área, Ricar errou o remate, pero o balón saíu cara Rober, que disparou para superar ao porteiro visitante, descolocado. Coa vitoria no marcador Montes introduciu cambios para manter a vantaxe, coa entrada de Comis. O Choco respira agora algo máis relaxado. A próxima fin de semana xogan no campo do Negreira, situado no ecuador da táboa cun punto máis que os redondeláns.
Choco: Cortegoso, Yago Vázquez, Muíños (Gonza, min. 46), Lucas, Gándara, Alberto Suárez, Roberto (Comis, min. 72), Gabi Misa, Félix Rial, Marcos Pérez, Ricar (Oki, min. 80).
Cerceda: Marcos Valín, Adrián Maroñas, Juan Pérez, Angeriz, Caridade, Da Ponte Pablo Varela, min. 77), Javi Otero (Agulló, min. 58), Diego Uzal, Uxío, Álex Ares, Carlos López (Roberto Otero, min. 62).
Goles: 0-1, min. 12: Carlos López; 1-1, min. 32: Ricar; 2-1, min. 70: Rober Fernández.
Segunda Autonómica

Matamá 0-5 Choco B
Goleada do filial redondelán, que escala posicións ata a terceira praza, a tan só un punto de Vilariño e Tyde, empatados no liderado. Precisamente será o Vilariño o próximo rival do Choco en Santa Mariña, o que podería provocar cambios na cabeza da táboa.
Sampaio 2-0 Arcade
O Sampaio amosou a súa fortaleza no derbi ante o Arcade, o que deixa aos de Soutomaior afundidos na parte baixa da táboa. A próxima xornada ao Figueirido, na parte alta da clasificación.
Terceira Autonómica

Lavadores 0-1 Chapela
Vitoria pola mínima do Chapela ante o Lavadores. Os de Redondela colócanse así nos postos de cabeza, a tan só un punto do líder, o Pereiró. O domingo reciben ao Gondomar, da metade baixa da táboa.
At. Vilar 1- Pereiró
Os redondeláns conseguiron sumar un punto ante o Pereiró, un dos equipos fortes, actualmente líder do grupo. O Vilar, 8º na táboa, xogará o domingo no campo do Teis.
Beretes Chapela 0-4 Teis
O Peña Beretes segue afundido na parte baixa da táboa logo de perder goleados ante o Teis. A próxima xornada xogan no campo do pechacancelas, o Moledo.
Coia 4-2 Nespereira
O Nespereira perdeu o liderado do grupo no campo do Coia, nun encontro con moitos goles. O domingo xogarán na casa ante o Vincios, co que están empatados a puntos.
Bueu 3-2 Cesantes
O Cesantes arrancou a competición cunha derrota no Morrazo ante o Bueu. A próxima xornada estrearanse como locais cun interesante derbi ante o Soutomaior.
Soutomaior 5-0 Atlético Cuntis B
O Soutomaior comezou a liga cunha avultada vitoria ante o filial do Cuntis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará