Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Entre arrolos e contiños” música e contos infantís en Saxamonde

RR_Noticias

O Servizo de Normalización Lingüística organiza unha nova actividade para público infantil e familias dentro do programa APEGO. “Entre arrolos e contiños” é o nome desta proposta de música e narración oral que chega da man da compañía Migallas Teatro, e que se desenvolverá o domingo 25 de setembro ás 18:00 h, no Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde. Inscrición no 986 400 106 ou no enderezo normalizacion@redondela.es

A actividade achéganos contos de risa, trasnos e carapuchiñas que conseguen estimular e animar á rapazada da casa e ás súas familias. A tradición oral preséntase da man da literatura infantil ao ritmo da música para facer unha actividade lúdica e festiva. Está indicada para nenas e nenos de 0 a 6 anos e as súas familias, que poderán gozar das historias e coñecer instrumentos como o acordeón, o xilófono ou a melódica. A actividade é de balde pero ten limitado o aforamento, polo que cómpre anotarse a través do correo electrónico normalizacion@redondela.es, ou do teléfono do SNL (986 400 106).  

Eva García Rei Normalización
Unha actividade para nenos de 0 a 6 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará