Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A técnica hipopresiva ou como mellorar o noso físico con exercicios respiratorios

RR_Noticias

A piscina municipal de Redondela acolle hoxe martes ás 20:30 horas unha conferencia sobre técnica hipopresiva impartida por Piti Pinsach. Os asistentes coñecerán a práctica desa técnica para a redución de cintura “de 2 a 10 centímetros en dous meses”, a recuperación postparto e a mellora das posturas corporais.

A técnica hipopresiva engloba unha serie de exercicios  que mediante diferentes posturas e movementos e por medio dunha contracción do diafragma permite unha mellora do solo pélvico e a faixa abdominal. Como consecuencia imos lograr uns beneficios concretos como por exemplo os de carácter estético no abdomen ao diminuír notablemente o perímetro de cintura nun período de tempo relativamente curto, logrando os tan desexados músculos abdominais pero tamén beneficios terapéuticos xa que permite corrixir ou mellorar a incontinencia urinaria, os problemas de costas e mellora tamén o rendemento deportivo. Na charla de hoxe, que terá lugar ás 11:45 e volverá repetirse ás 20:30 horas, os asistentes coñecerán esta técnica no seu aspecto teórico, pero tamén poderán achegarse a algún dos exercicios da man dun especialista na materia, como é Piti Pinsach.  

Piti Pinsach monitor de Técnica Hipopresiva
Beneficios estéticos e terapeuticos
Charla na Piscina
O martes ás 20:30 horas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará