Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE solicita que unha das pistas de tenis de Santa Mariña se converta en pista multideporte

RR_Noticias

Critica que a renovación do complexo deportivo de Santa Mariña se fixese “sen pensar en todos os usuarios” xa que no pasado unha das tres pistas existentes podíase converter en pista multideporte, ao contar con porterías e canastras, posibilidade que agora non existe “deixando aos rapaces sen opción de xogar a baloncesto ou balonmán”.

O complexo deportivo de Santa Mariña no que se encontran os campos de fútbol Santa Mariña e Manuel Conde, 3 pistas de Tenis e proximamente 4 pistas de padel, ofrece aos veciños a posibilidade de gozar do deporte ao aire libre.No pasado este complexo, agora aumentado con fondos da Deputación, constaba de tres pistas de tenis, das cales unha podíase converter en pista multideporte, xa que constaba de porterías e canastras.
Tras a reforma feita neste entorno, os nenos e nenas da vila perderon a posibilidade, por exemplo, de xogar ao baloncesto ou o balonmán pois Redondela carece deste tipo de instalacións, e iso que o Club Baloncesto Redondela conta con máis de 150 cativos e a S.A.R con máis de 300 nenos e nenas que practican estes deportes.
Os socialistas rogaron no pleno pasado, realizado o día 8 de setembro, que se convertese unha das tres pistas en multideporte, acadando así a versatilidade dunha pista que podería ser utilizada por moitos nenos e nenas da vila. Unha propostas que segundo critican dende o PSOE, non é compartida polo goberno local.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará