Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xesús Constela presenta o libro “A rotura das paisaxes”

RR_Noticias

A Axencia de Lectura de Chapela, acolle este venres ás 20:30 horas a presentación da novela “A rotura das paisaxes” do escritor Xesús Constela. O acto estará presentado polo coñecido arqueólogo Xurxo Constela e mais por Fran Alonso, en representación da editorial Xerais. Organiza: Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela e mais as Bibliotecas Municipais de Redondela.

Xesús Constela (Ferrol, 1963) vive en Poio e deuse a coñecer ao gañar o Premio Torrente Ballester con As humanas proporcións (2004), colección de relatos galardoada tamén co premio da Asociación Española de Críticos Literarios. Dende entón, ten unha extensa obra literaria publicada en editoriais como Galaxia, Embora ou Xerais. A rotura das paisaxes é unha proposta novidosa e experimental:  un libro no que xoga con diversas técnicas literarias que van desde o máis espido dos diálogos, ata unha sorte de poesía de carácter narrativo, pasando pola linguaxe cinematográfica ou a prosa poética, entre outras. Con moitas e moi diferentes voces narradoras relatando ao mesmo tempo, A rotura das paisaxes configúrase como un libro que admite diversas ordes de lectura e, xa que logo, pode ser interpretado como unha novela para quen queira ver nel unha novela, ou unha colección de relatos para quen prefira ver nel unha colección de relatos (presentación da editorial).  

Mª José Villar Axencia de lectura de Chapela
Fálanos da obra que se presenta este venres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará