Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente activa a situación de prealerta por seca no concello de Redondela e comarca

RR_Noticias

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, vén de activar a situación de prealerta por posibilidade de seca hidrolóxica no sur da provincia de Pontevedra. Malia o menor caudal observado nos ríos, a Consellería asegura que o abastecemento está garantido “dada a situación de normalidade na que se atopan os encoros de Zamáns e Eiras”.

A situación de prealerta aplícase as bacías atlánticas dos concellos da Lama, Pontecaldelas, Fornelos de Montes, Soutomaior, Pontevedra, Vilaboa, Moaña, Cangas, Redondela, Vigo, Nigrán, Gondomar, Baiona, Cotobade e Pazos de Borbén (sistema 1), A Guarda, Oia e O Rosal (sistema 2). A prealerta só supón un incremento do seguimento, dado que as grandes reservas de auga da zona presentan un estado normal para esta época do ano e non se ten constancia de incidencias por carestía de recursos en pequenos abastecementos.
Non obstante, pese o menor caudal circulante observado nos ríos, os recursos para o abastecemento dos grandes núcleos de poboación destas zona están garantidos, dada a situación de normalidade na que se encontran os encoros de Zamáns, Eiras e Baíña. A situación actual podería chegar a afectar só a pequenos abastecementos que se nutran de captacións directas nos ríos ou pozos, aínda que polo momento non se ten constancias de incidencias neste aspecto.
Por este motivo, e seguindo o protocolo definido no Plan de Seca, tomouse a decisión de activar o estado de Prealerta por posibilidade de seca hidrolóxica para este sistemas; co fin
de poder coordinar de forma máis eficaz, co resto de administracións, medidas preventivas para paliar os posibles efectos dunha seca hidrolóxica, de considerarse necesario.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará