Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

9 meses de cárcere por impropiación indebida para o que fora xerente da confraría de Arcade

RR_Noticias

O exgerente da confraría de pescadores Virxe do Carme de Arcade, F.J.L.G., enfróntase a unha pena de nove meses de prisión por un suposto delito de continuado de apropiación indebida. O acusado teríase apropiado entre os anos 1986 e 2014, período no que traballou no pósito, de 95.000 euros.

Os feitos que se lle imputan producíronse durante o tempo en que desempeñou as funcións de xerente como administrador da confraría, entre setembro de 1986 e outubro de 2014. Segundo o escrito de acusación, o dirixente do depósito, aproveitándose do seu cargo e actuando con afán de obter un beneficio patrimonial ilícito, apoderouse de 95.000 euros provenientes das vendas de produtos na lonxa, cuxo prezo non ingresaba na conta da confraría senón que o incorporaba ao seu patrimonio. O acusado, antes de iniciarse o procedemento penal, recoñeceu os feitos en documento público e procedeu á devolución íntegra da cantidade apropiada. O escrito da Fiscalía tamén explica que F.J.L.G. cometeu os feitos impulsado por un grave trastorno ansioso-depresivo e ludopatía que provocaron unha diminución das súas facultades, mmotivo polo que ademais da pena de cárcere a Fiscalía pide  un ano e seis meses de liberdade vixiada consistente na obrigación de participar en programas formativos e laborais, a obrigación de someterse a tratamento médico externo ou control médico xornal e a prohibición de acudir a casinos, salas de xogos e bingos.
O acusado e o seu defensa chegaron a un acordo de conformidade coa Fiscalía.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará