Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Demandan ao Concello unhas instalacións axeitadas para a Protectora de Animais de Noé

RR_Noticias

Esta mañá recolleron sinaturas e presentaron unha moción para que o Concello lles conceda un local onde poder levar a cabo a súa labor. Solicitan tamén que se dote á Policía Local dun lector de micro chips para poder identificar os cans que se atopan na rúa.

Membros da Asociación Protectora de Animais de Noé de Redondela, e do partido Ciudadanos de Centro Democrático, recolleron esta mañá na vila sinaturas de apoio para unha moción que van presentar no Concello. Xermán Cordero, cordinador da formación en Galicia, entende que as demandas do refuxio redondelán son “lóxicas”, e tentarán que se debatan no pleno do mes de outubro. A protectoras de animais, presidida por Mari Carmen Corujeira, leva meses arrastrando graves problemas para desenvolver o seu labor, ante a negativa do goberno local para manter as súas instalacións. O colectivo, que realiza tarefas de recollida de animais, desparasitación e esterilización, viuse na obriga de atender a estas mascotas nas súas propias casas. Contan tamén coa colaboración cidadá, que lles permite ter “casas de acollida” para os animais de xeito temporal. Miriam González, unha das voluntarias, explica que “todos os días día” reciben chamadas de veciños para recoller animais na rúa. No escrito rexistrado hoxe no Concello solicitan que se lles devolvan as instalacións que antes utilizaban nas antigas casas dos mestres, ou ben que lles ofrezan outras axeitadas para o seu labor. Outra das demandas é a adquisición dun detector de micro chips para a Policía Local, que permita identificar aos animais. Cordero sinala que non se trata dun investimento elevado, cando o Concello destina 9.000 euros anuais ao Centro de Acollida e Protección de Animais CAAN, de Pontevedra, xestionado por unha empresa privada. Os voluntarios do refuxio entenden que os animais reciben “mellores coidados e atención” nesta asociación sen ánimo de lucro que na canceira pontevedresa. Solicitan tamén que o Concello poña en marcha unha campaña informativa sobre esterilización e adopción de animais en colaboración coa asociación. Tamén demandan que o Concello asine un convenio con algunha clínica veterinaria do que se poidan beneficiar os veciños que reciben asistencia dos Servizos Sociais municipais e teñan mascota. No acto, ás portas da Casa do Concello, participaron tamén a vocal de CCD en Redondela, Marga Ferreira, e Avelino Tomé, membro da Xunta Xestora.

Xermán Cordero cordinador CCD Galicia
A súa formación apoia as reivindicacións da Protectora de Animais Noé.
CAAN
Cordero cuestiona o gasto municipal que supón a xestión dos cans abandonados por parte dunha empresa privada.
Miriam González voluntaria
O refuxio redondelán segue recibindo chamadas dos veciños para recoller animais abandonados.
Coidado e atención
No refuxio defenden que eles prestan mellor coidado e atención aos animais que o CAAN.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará