Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello convoca dúas prazas de técnico de prospección laboral para o plan de emprego

RR_Noticias

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello como data límite o vindeiro luns día 12 de setembro. O obxecto da convocatoria, que se pode consultar na páxina web do concello (www.redondela.es) é a selección de dous técnicos de Prospección Laboral en réxime de funcionario interino, para colaborar no desenvolvemento do Plan integrado de emprego financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que desenvolverá este Concello.

Tendo en conta que estes técnicos terán como obxectivo esencial promover a inserción social e laboral dos beneficiarios do plan de emprego, mediante a prospección o desenvolvemento de itinerarios individualizados e integrais de inserción, as súas principais funcións serán: deseño, seguimento e execución de accións de intermediación para as persoas do proxecto, accións de orientación e acompañamento, análise do mercado de traballo, captación e xestión de ofertas de emprego e apoio na selección dos candidatos con posibilidades de inserción sociolaboral. Deberá encargarse tamén de detectar as necesidades formativas, así como deseño, programación, posta en marcha e seguimento das mesmas.
As retribucións brutas mensuais son de 1.971,65 euros, máis a parte proporcional da paga extra (287,79 euros).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará