Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carreira solidaria en Chapela

RR_Noticias

Banco Santander organiza o vindeiro 16 de outubro unha Carreira Solidaria a favor da Cruz Vermella. Máis do 50% do recadado en concepto de inscricións será destinado a financiar proxectos solidarios e de apoio a persoas en situación de vulnerabilidade da comarca de Vigo. Xa se poden realizar as inscricións no enlace:
https://www.rockthesport.com/evento/carrera-solidaria-santander-de-chapela

O Banco de Santander en colaboración coa Cruz Vermella e o Concello de Redondela organiza esta carreira popular aberta a participación do público en xeral e a través da cal foméntase o voluntariado corporativo e a solidariedade, sensibilizando da difícil situación pola que atravesa unha parte da sociedade.
Haberá diferentes percorridos dependendo das idades dos participantes, cunha carreira senior con corredores de máis de 16 anos que deberán percorrer 5 quilómetros aproximadamente con saíde e chegada na Alameda de Chapela a partir das once da maña. As doce arrancarán as carreiras dos máis pequenos divididos en tres categorías: de 4 a 7 anos (200 mts.), de 8 a 11 (400 mts.) e de 12 a 15 (750 mts.).
Dos 8€ que custa a inscrición de adultos, 4€ destinarán á Cruz Vermella Asemblea Comarcal de Vigo e o 1€ de inscrición das categorías infantís destinarase integramente á mesma.
Existirá a posibilidade de que calquera persoa colabore coa Cruz Vermella Asemblea Comarcal de Vigo enviando un SMS coa palabra “CHAPELA” ao 28092. O custe da mensaxe (1,2€) destinarase integramente a Cruz Vermella.
Cruz Vermella estará presente na carreira popular cunha carpa na que realizarán diferentes actividades para todos os públicos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará