Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Satisfacción na sede redondelá de Aldeas Infantiles tras recibir a entidade o premio da Concordia

RR_Noticias

A ONG recibe este recoñecemento polo seu traballo en favor dos nenos vulnerables. O equipo que traballa na sede de Redondela, segundo centro que abriu en España da man da que fora a súa presidente Rita Regojo no ano 1975, amosaba a súa satisfacción logo de coñecerse que lles fora concedido o premio Princesa de Asturias da Concordia polo seu labor coa infancia. A candidatura, proposta pola ex xogadora española de baloncesto Amaya Valdemoro, impúxose sobre as trinta e tres que optaban a este recoñecemento.

Aldeas Infantiles é unha organización sen ánimo de lucro de axuda a infancia presente en 134 países e cuxo obxectivo é ofrecer aos nenos unha familia, un fogar estable e unha formación sólida.
Na actualidade, a ONG conta cun dos seus centro na parroquia de Ventosela en funcionamento dende o ano 1975 aos que hai que engadir nove fogares en Vigo nos que se acollen un total de 54 nenos. Ademais, ten catro centros de día, un en Redondela, dous en Vigo e outro en Ponteareas, onde se dá apoio ás familias que viven unha situación crítica, pero que se atopan en situación de permanecer cos seus fillos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará