Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As carreiras de orientación fanse un oco na programación de Soutomaior

RR_Noticias

Logo de varias experiencias piloto, a Concellería de Xuventude convoca este domingo día 11 a carreira Soutomaior Orienta, sumando a súa programación unha modalidade deportiva cada vez máis seguida e practicada. O nivel será de iniciación, estará dirixida por monitores/as especializados do Club de Montañeiros de Pontevedra e desenvolverase entre as 10:00 e as 13:00 horas con saída do Campo da Feira de Arcade. Información e inscrición na Omix de Arcade.

O obxectivo das carreiras de orientación é pasar por todos os puntos sinalado nun mapa na orde establecida, contando como axuda coa orientación dun compás. Unha actividade moi boa para manter ou mellorar a forma física ao tempo que nos achega ao noso medio dun modo aventureiro. Ademais, permite compartir gustos e afeccións ao tempo que coñecemos o territorio. Neste caso o lugar de realización da proba será nos arredores do campo da Feira en Arcade permitindo así que os participantes coñezan “un espazo con interesantes elementos patrimoniais, culturais e naturais” segundo destaca dende a OMIX a súa responsable, Sonia Pintos. A activiade ten un custe de 1 euros e o número de prazas é de 40. Máis información e inscricións na OMIX no Multiusos de Arcade ou no teléfono 986 700822.  

Sonia Pintos OMIX Soutomaior
Unha modalidade que conleva actividade física e mental
Coñecer o territorio
Outro xeito de achegarse á nosa contorna

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará