Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O “aquagym” regresa ás praias de Cesantes e Arealonga

RR_Noticias

A actividade comezará o próximo luns, día 8, na praia de Cesantes, onde tamén se desenvolverá os mércores. Os martes e xoves a cita é en Arealonga, en Chapela. O horario será de 11.00 a 12.00 horas, e poden participar persoas de todas as idades.

O Concello de Redondela, a través da concellaría de Muller e Igualdade, pon en marcha esta próxima semana novamente a actividade de “aquagym” nas praias de Cesantes e Arealonga en Chapela.O aquagym poderase realizar de 11:00 a 12:00 da mañá, os luns e os mércores en Cesantes e os martes e xoves en Chapela. Desde o departamento recoméndase levar crema solar protectora e gorra ou chapeu para realizar a actividade, xa que en todo momento estarase exposto ao sol. Tamén que os participantes se hidraten ben. Os monitores desta actividade impartirán exercicios físicos lixeiros desde a area, acompañados de música adecuada. Os participantes poderán practicar os exercicios dentro ou fóra da auga, en función das súas capacidades e idade. Os lugares onde se realizará o “acuagym” sinalizaranse cun banderín, e coincidirán cos que se seleccionaron o pasado ano para facilitar a participación. Esta actividade recoméndase para todas aquelas persoas, de calquera idade, que queiran facer unha sesión de exercicio moderada-lixeira, para tonificar a musculatura e mellorar a circulación. Pero tamén pretende estimular a interacción entre persoas para facer novas amizades, integrar a todas as idades, nenos, mozos e adultos, e por suposto fomentar actividades en familia e ao aire libre. Este é o segundo ano que se ofrece esta actividade, que é de balde e sen inscrición previa._A concellaría aposta así por fomentar a convivencia de persoas de distintas idades, e de reforzar os principios de igualdade a través do benestar e o deporte en contacto co medio natural. A actividade rematará a mediados do mes de setembro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará