Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG cualifica de “electoralista” a participación da Xunta no Pavillón da Marisma

RR_Noticias

O anuncio da participación do goberno galego na urbanización do entorno da infraestrutura deportiva, obedece unicamente aos intereses do Partido Popular. Esa é a lectura que fai o BNG redondelán, que lembra que no seu momento, cambiaron unha partida de 400.000 euros (destinados ao Centro de Día de Trasmañó) para o novo pavillón.

Os proxectos recollidos no Plan Marisma e Marisma Máis, supuxeron diversas inversións en Redondela nos últimos anos a cargo de fondos europeos. Desde a formación nacionalista consideran que agora o anuncio da inversión do goberno galego, “trata de dar a imaxe de que apoiaron a construción do Pavillón de A Marisma”. Afirman que o único interese é favorecer “os intereses electoralistas do PP”, ás portas duns comicios autonómicos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará