Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela, capital do rock

RR_Noticias

Este sábado o paseo marítimo de Chapela será o escenario do V Berete Rock, que se consolida no panorama musical da comarca como unha cita indispensable. A privilexiada contorna de Arealonga súmase á calidade dos grupos participantes este ano, cunha oferta variada. Aphonnic, Supernatural, All/In e Wondercovers forman o cartel.

Un dos organizadores, Anselmo Prada, da Asociación Berete Rock, sinala que se trata de grupos de diferentes estilos, pero todos de gran calidade. Á dureza de Aphonnic súmanse os temas máis pop/rock de Wondercovers, que versionan temas de grupos que van desde os Beatles ata Prince. Pola súa banda All/In é un grupo tributo a AC/DC, un dos grandes clásicos do rock. Por último Supernatural son os máis novos como formación, malia que o grupo está composto por músicos procedentes de bandas ben coñecidas na bisbarra. Prada amósase moi satisfeito pola evolución deste festival que comezou hai cinco anos. Dunha conversa entre amigos naceu o primeiro concerto, e o evento non deixou de medrar. Salienta que sen o apoio do Concello de Redondela “sería imposible sacar adiante o certame”, xa que a entrada ao concerto é de balde. A colaboración de establecementos e comercios da parroquia, xunto coa venda de camisetas e as bebidas no concerto permítenlles seguir adiante co Berete Rock, que se está a converter xa un referente dos concertos de verán no sur da provincia. Malia que a previsión de asistentes é aínda “unha incógnita”, a organización agarda ao redor dun milleiro de persoas. A cita comeza ás 21.30 horas.  

Anselmo Prada da Asociación Berete Rock
O certame que naceu hai cinco anos medrou moito desde os seus comezos.
Un cartel variado
Prada fala dos grupos que participan no festival

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará