Hoxe é Mércores 14 de Abril de 2021

A Alameda acolle o I Trofeo de Petanca Concello de Redondela

RR_Noticias

Os cinco clubs existente no concello de Redondela en colaboración coa concellería de deportes organizan esta fin de semana o I trofeo desta modalidade deportiva no noso municipio. Disputarase na tarde do sábado, entre as 16:30 e as 21:30 e na mañá do domingo de 10:30 a 13:00 hora na Alameda. O sábado pola mañá, entre as once e a unha, todos aqueles que queiran practicar poderán facelo asesorados por membros dos clubs organizadores.

Durante toda a mañá do sábado os que o desexen poderán achegarse e practicar un deporte que conta con numerosos afeccionados en Redondela como así o demostra o feito de que existan un total de cinco clubs en activo: San Xoán, Tango, Vilar de Infesta, Torre de Babel e Blanco e negro. Clubs que aglutinan a persoas de todas as idades, que van dende nenos de tan só 7 anos ata maiores que superan os 80 e que non por iso deixan de practicas un deporte que fomenta as relacións interxeracionais e mellora a habilidade e a concentración. Un deporte con arraigo que logra así ter o seu trofeo propio grazas a unha colaboración intensa entre os clubs e a concellería.  

Julio Mougán Concelleiro de deportes
Fala do I torneo de petanca
Cesáreo club San Xoán
Cinco clubs colaboran co concello na organización da cita deportiva

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *