Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco busca xogadores

RR_Noticias

O Club ten aberto o prazo de inscrición de alta de novos futbolistas da categoría base, dende os biberóns até os xuvenís. O obxectivo é reforzar a canteira consolidando os equipos de base. Desta forma, todos os menores que desexen integrar por primeira vez os equipos da entidade poden anotarse na oficina do club no campo de Santa Mariña (17:00 a 20:00 horas) ou ben contactar con Marcos Montes (626 11 61 42). Aqueles que teñan algún tipo de dúbida poden pórse en contacto coa entidade en c.d.choco@hotmail.com.

O Choco traballa para a próxima tempada e, en especial, na configuración dos equipos de canteira que, un ano máis, centrarán gran parte dos esforzos da entidade que se caracteriza por un número elevado de equipos e tamén por dispor dun bo nivel en todas as categorías.
Calquera neno con ganas de xogar ao fútbol pode iniciarse no club e as categorías son as seguintes: xuvenil (nacidos en 1998, 1999 e 2000), cadetes (2001-02), infantil (2003-04), alevín (2005-06), benjamín (2007-08), prebenjamín (2009-10), biberón (2011).
O Choco, nos últimos anos, consolidou aos seus equipos de base cunha clara aposta por adestradores de nivel e unha mellora constante que permitiron consolidar ao equipo cadete en División de Honra e ao xuvenil en Liga Nacional. Isto reflicte o bo traballo realizado nos distintos equipos e o progreso de todos aqueles nenos que visten a elástica do Choco.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará