Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nin beirarrúas nin retranqueo no tramo da N-550 reparado por Fomento

RR_Noticias

A Asociación de Veciños de Cesantes non se explica o motivo de que non se aproveitasen as obras de reparación do noiro que se derrubara sobre a estrada nacional para mellorar ese tramo da vía. Os veciños reclamaran tanto a Demarcación de estradas como ao Concello que se construíse unha beirarrúa para mellorar a seguridade vial na zona. A piques de rematar os traballos dan por rexeitada a súa petición.

A obra realizada polo Ministerio de Fomento consistiu na reparación do muro de contención no tramo da N-550 que se viñera abaixo o pasado mes de febreiro a consecuencia das fortes precipitacións. Os veciños solicitaran tanto no Departamento de demarcación de Carreteras do Estado de Pontevedra como pror rexistro no Concello, que se aproveitase esta actuación para mellorar a seguridade vial coa construción de beirarrúas. Lamentan tamén que se non se realizase o retranqueo do actual muro “sobre todo tendo en conta que os terreos xa están expropiados e pagados aos seus antigos propietarios”. Un retranqueo que suporía anchear o vial e unha mellora na visibilidade tanto de condutores como de peóns nun tramos que é en curva.  

Magdalena Ramonet AVV Cesantes
A presidenta da Asociación lamenta que non se atenderan as sáus peticións encamiñadas a mellorar a situación da estrada
Petición veciñal
Eran moitos os veciños que reclamaban unha beirarrúa nun tramo en curva

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará