Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Potencia rockeira en Reboreda no décimo aniversario do ArrastroRock

RR_Noticias

Dez bandas e dez horas de música en directo para celebrar o ArrastroRock este sábado a partir das 17:00 horas no Muiño das Xastras do Cadaval en Reboreda. A música arrancará coa actuación do grupo redondelán Relámpago Rock quen ofrecerán un repertorio de temas clásicos e de hoxe en día. Unha música que irá crecendo en decibelios consonte avance a xornada: Monarcas da Pedra, os ponferradinos Stone Free, os vigueses Dysnomia ou os tudenses Blast off. Raiba, Evil Impulse, Agónica e xa para pechar a xornada a música de In Mute e Bellako que soarán ata as cinco da madrugada.

O festival de rock e metal que se celebra no Muíño das Xastras na finca de Cadaval en Rebodera conmemora este ano a súa décima edición e faino cun intenso cartel que achega músicos de Ciudad Real, Ponferada, Barcelona ou Valencia ademais de banda galegas procedentes de diferentes puntos da nosa xeografía. Unha propostas para os amantes do metal, thrash, punk ou hardcore, pero tamén de ritmos rock máis suaves, cos que arrancará a xornada ás cinco da tarde. Dende a organización salientan a “elevada calidade do cartel deste ano, no que nos comprometemos aínda máis para celebrar os dez anos do festival” e animan a todos os que queiran achegarse a facelo en autobús “os que veñen de fóra poden deixar o coche no centro da vila e subir en autobús completamente de balde con saídas cada media hora dende a praza da Farola”. Unha iniciativa que busca evitar problemas co aparcamento ou á hora de conducir pero tamén que aqueles que se acheguen ao festival cuxos concertos son gratuítos fagan gasto na vila “e devolverlle aos comerciantes e hostaleiros o apoio económico que nos prestan e que fai posible que se realice esta cita musical”. Insisten tamén en que “por atopármonos en nivel extremo de risco de incendio forestal está totalmente prohibido acceder con vidros a todo o recinto” e pídese máxima precaución aos fumadores. A zona de acampada atópase pegada á zona de concertos e estará dispoñible desde as 12 da mañá do sábado 23 ata o domingo. Un concerto no Muiño das Xastras do Cadaval en Reboreda con asistencia de balde e, para que ninguén se perda, dende a organización lembran que haberá sinalización dende a praza da Farola.  

Rock suave durante a tarde
Os concertos arrancarán cun grupo de Redondela
Máis decibelios de cara a noite
O rock dará paso a estilos máis duros
Transporte gratuíto
Haberá autobuses cada media hora dende A Farola

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará