Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades náuticas en San Simón

RR_Noticias

A concellería de xuventude pon en marcha a inscrición para unhas xornadas temáticas de actividades náuticas que se desenvolveran na Illa de San Simón, os días 30 e 31 de xullo, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. As actividades a desenvolver serán vela, kaiak e paddlesurf e están orientadas a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos. As persoas interesadas deben inscribirse no rexistro do Concello de Redondela como data límite o 26 de xullo.

Hai un total de 40 prazas e a súa adxudicación realizarase por rigoroso orde de inscrición, con preferencia para os empadroados en Redondela. A actividade ten un custo de 30€ os dous días. As instancias pódense descargar da paxina web do concello, no enderezo www.redondela.es
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará