Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campamento de verán en Pazos para nenos de 9 a 16 anos

RR_Noticias

O Concello de Pazos de Borbén abre o prazo de inscrición do seu campamento de verán para nenos de 9 a 16 anos. A acampada celebrarase os días 29, 30 e 31 deste mes de xullo nas instalacións da Aldea Guntín, na Cañiza. O prezo da actividade é de 45 euros e inclúe a manutención dos pequenos, polo que só necesitarán levar un saco de durmir e esterilla, dúas mudas completas, calzado deportivo e material de aseo. Pasarán a noite en tendas de campaña salvo mal tempo, que se trasladarían a bungalows e instalacións cubertas.

Os campamentos de verán pretenden contribuír ao desenvolvemento integral dos nenos e fomentar valores como o compañeirismo e a colaboración mediante actividades encamiñadas ao achegamento e coñecemento do mundo rural e natural, creando nas menores actitudes de responsabilidade cara ao medio ambiente, fomentando a convivencia, a cooperación, o respecto e a tolerancia…
Para formalizar a inscrición terase que encher a solicitude, ademais da autorización de asistencia e a ficha médica do neno, que se pode recoller nas oficinas da OMIX de Pazos de Borbén, e achegar o comprobante bancario de realizar o ingreso da matrícula do campamento. Os interesados en ampliar información deben dirixirse ás oficinas municipais da Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres ou través dos teléfonos 986 498 934 e 986 497 035 á atención de Isabel.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará