Hoxe é Xoves 22 de Outubro de 2020

Teatro, música e narración oral na Praza de Reveriano Soutullo para celebrar o Ano Castelao

RR_Noticias

No marco da programación teatral que organiza a Deputación de Pontevedra co gallo da conmemoración do Ano Castelao, o vindeiro domingo 17 de xullo ás 12.00 h, a praza Reveriano Soutullo acollerá o espectáculo “A lingua na boca: letras, riscos e pensamentos de Castelao”. O espectáculo, creado especificamente para achegar, dun xeito contemporáneo e atractivo, a figura de Castelao ao público actual, combina teatro, música e narración oral, e está destinado a público familiar.

Fran Núñez e Brais Iriarte, da compañía Limiar Teatro, parten de textos do propio Castelao que combinan con historias de creación propia sobre a vida e a traxectoria do político e escritos Castelao. As historias acompáñanse de músicas e melodías tradicionais galegas actualizadas e interpretadas en directo con diferentes instrumentos como guitarras, contrabaixo, frautas e melódica. Este espectáculo, programado polo Departamento de Cultura e Lingua da Deputación Provincial, xirará polos 62 concellos da provincia nos meses de verán, pretende ser un achegamento a Galicia e á súa lingua a través dunha aproximación contemporánea á obra de Castelao, que está máis de actualidade ca nunca. A entrada é libre e de balde.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
Un espectáculo para todos os públicos

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *