Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe ás vítimas do franquismo en San Simón

RR_Noticias

As Asociacións para a Recuperación da Memoria Histórica e demais entidades adheridas á Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) organizan este domingo día 17 de xullo na Illa de San Simón unha homenaxe ás vítimas do franquismo que nesta edición ten un carácter especial co gallo da conmemoración do 80 aniversario do golpe de estado e o inicio da represión.

Nesta homenaxe anual ás vítimas do franquismo, a IGM reitera demandas centrais como son defender a verdade, reivindicar a xustiza que lles foi negada ás vítimas, esixir a reparación e as garantías de non repetición así como solicitar unha vez máis a derrogación da lei de amnistía, lembrando ao Estado español que está a incumprir coas recomendacións da ONU en materia de dereitos humanos. Reivindican tamén que se devolva o carácter de lugar da memoria á illa de San Simón, un dos maiores campos de concentración montados polo franquismo entre 1936 e 1943 así como a reclamar un debido recoñecemento ás familias dos que alí estiveron presos. Neste sentido, solicitan que se denomine oficialmente a esta Illa como Illa da memoria e se desenvolva un programa anual de actividades arredor da represión e da memoria histórica así como a recuperación da exposición A Illa da memoria e outros elementos relacionados con este espazo como lugar de represión. As persoas que estean interesadas en asistir a homenaxe do domingo teríanse que poñer en contacto con algunha das asociacións memorialísticas da súa comarca que sexan membros da IGM co fin de organizar o embarque xa que as prazas son limitadas. A inscrición pecharase en canto se complete o número que lle corresponden a cada comarca. Confirmarase e darase un tiquet a aqueles que poidan embarcar. Inscricións e información: coordinadora@igmemoria.com.  

Xoanb Carlos Garrido Couceiro profesor de filosofía ehistoriador
defender a verdade a xustiza a reparación e as garantáis de non repetición son os principios báxicos que están detras deste acto
Actos do domingo 17
Unha homenaxe nacional ás vitimas do franquismo
Non esquecer
A memoria das vítimas é fundamental

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará