Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O proxecto solidario “Esencia Laredo” do colexio de Chapela premiado polo BBVA

RR_Noticias

A iniciativa, promovida dende o CEIP Laredo e realizada por alumnos de 6º de Primaria, consistiu na posta en marcha dunha microempresa educativa e solidaria para a elaboración de produtos de cosmética natural, como colonias e xabóns. Os beneficios xerados pola venta destes produtos son destinados á Asociación Amencer de familias con nenos con necesidades educativas especiais e para a compra dunha bicicleta adaptada.

Unha iniciativa que ven de ser premiada polo programa “Valores de futuro” do BBVA, na VII edición dun concurso no que participaron 56.184 alumnos galegos repartidos en 286 centros escolares. Este programa pedagóxico ten como obxectivo achegar a educación financeira aos colexios. Os membros do xurado valoraron á hora de conceder o premio a implicación tanto do alumnado como dos profesores nun proxecto solidario, ben estruturados e que os levou a diferenciarse do resto dos centros participantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará