Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER estuda recorrer á vía xudicial ante o fallo da Fiscalía que exculpa ao PP

RR_Noticias

“Respetamos o fallo pero entendemos que a Fiscalía nas súas conclusións non recolle axeitadamente nin a documentación nin as declaracións que nós lle trasladamos” así o explica dende a Agrupación de Electores, Ricardo Figueroa, quen engade que están estudando a posiblidade de acudir a vía xudicial “non descartamos esa opción xa que nós mantémonos na convicción de que se empregou de xeito torticeiro a Festa do Choco ao pagar con cartos do concello unha comida de carácter electoral”.

A decisión da fiscalía de arquivar as dilixencias en torno a esa polémica comida que tivo lugar na festa do chco no pasado ano podería non ser o punto e final deste asunto. Mentres o PP amosa a súa total satisfacción pola fallo emitido o pasado 10 de xuño no que se establece que “non se deduce a existencia de ningún ilícito penal”, a Agrupación de Electores, formación que puxo en coñecemento do órgano xudicial ditos feitos, estudan continuar co proceso xudicial por entender que si hai indicios de que se tratou dun acto electoral. Explica o edil de AER Ricardo Figueroa que “a fiscal non tivo en conta algunhas das probas presentadas como as fotografías que demostran que en dita comida os membros do PP tiñan propaganda do partido nas súas mans, quedando claro o seu carácter electoral”. Ante a petición da popular Carmen Amoedo, quen solicitou a dimisión dos concelleiros de AER tralo fallo da Fiscalía, Figueroa opta polo sarcasmo “estaría ben que as dimisións se fagan por orde de petición, que dimita primeiro o alcalde e algún dos seus concelleiros e logo xa o faremos nós”. Un novo enfrontamento entre PP e AER cuxos desencontros políticos se veñen acentuando nos últimos tempos, sobre todo nos debates plenarios. Con todo, sobre a posibilidade de que eses desencontros dean paso a unha posible negociación entre os grupos da oposición para desaloxar ao grupo de Javier Bas da alcaldía, Ricardo Figueroa malia non pechar a porta delega a responsabilidade no PSOE, como grupo maioritario da oposición.  

Ricardo Figueroa AER
Non descartan recorrer a vía xudicial
Dimisión
Contesta con retranca a petición de Carmen Amoedo quen reclamaba a dimisión dos concelleiros de AER
Negociar coa oposición
Acusan aos populares de trasladar á esfera persoal os enfrontamentos políticos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará