Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Volve á Xunqueira o clásico do fútbol sala

RR_Noticias

O centro urbano de Redondela volverá ser escenario dunha das citas deportivas máis antigas do verán . No mes de xullo celebrarase o XLII Mundialito da Xunqueira, organizado polo Redondela F.S. Ante a caída de participación dos últimos anos o club decidiu rebaixar o prezo de inscrición, que este ano é de 60 euros. O prazo para anotarse remata o 1 de xullo.

Manuel Otero, da directiva do club, sinala que a oferta crecente deste tipo de torneos, xunto coa temporada de vacacións, fai que cada ano sexa máis difícil cubrir o mínimo de 20 equipos participantes, polo que decidiron reducir o prezo da inscrición de 80 a 60 euros, máis 20 euros en concepto de fianza. O Mundialito da Xunqueira está dirixido a equipos sénior masculino, aínda que non descartan a participación dalgún equipo feminino. Haberá trofeos e premios en metálico para os gañadores. Con 300 euros para o primeiro, 150 euros para o segundo e 60 para o terceiro. Tamén se distinguirá ao mellor xogador, ao máximo goleador e ao equipo menos goleado. O torneo chega despois dunha temporada “atípica” para o equipo redondelán, logo do cambio na directiva e as remudas no corpo técnico. Jorge Espósito foi substituído en novembro por Juan Manuel Nogueira, que por motivos laborais viuse obrigado tamén a deixar o cargo antes de rematar a temporada. O propio Manuel Otero e Alvaro Gil “Varo”, que adestraban ás categorías inferiores, foron os encargados de coller o relevo. Malia as irregularidades, Otero sinala que a sétima praza acada na Liga Galega Sur é un resultado meritorio. Os resultados nas categorías inferiores tamén foron positivos, e o equipo Infantil ven de proclamarse subcampión no Torneo de Beade. Otero ten claro que as categorías base son a prioridade de club. De cara á próxima temporada estudan incorporar algún reforzo no equipo sénior, e dar continuidade ao actual corpo técnico.

Manuel Otero do Redondela F.S.
A organización fixo cambios no Mundialito da Xunqueira para gañar participantes.
Temporada atípica
O actual adestrador sinala que malia a temporada irregular que fixeron o resultado foi positivo.
Categorías inferiores
No club teñen claro que a base é a súa prioridade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará