Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES de Chapela esixe a Audasa “compromisos por escrito” sobre as medidas correctoras de ruído

RR_Noticias

O director do instituto de Chapela reúnese na xornada de hoxe co alcalde Javier Bas co obxecto de obter información detallada e concreta, incluíndo os planos, das obras previstas por Audasa nas inmediacións do centro educativo e a posible afectación dos terreos do IES. A comunidade educativa valora positivamente as declaracións do concelleiro de interior nas que asegura que hai un compromiso por parte da empresa de cara a instalar barreiras sonoras e asfalto fonoabsorvente, con todo, esixen garantías por escrito “concretando número e barreiras sonoras a instalar”.

Profesores e alumnado considera tamén necesario que Audasa concrete o treito no que se instalará dito asfalto “a lonxitude deste treito debe ser suficiente, tendo en conta criterios técnicos, para garantir que reduza de xeito significativo o impacto sonoro”.
Outra das reclamación da comunidade educativa pasa porque as obras non teñan lugar nos períodos lectivos “xa que o ruído que producen fai imposíbel impartir clases nas aulas” e que se leve urxentemente a escritura pública a transmisión de todos os terreos do IES Chapela, que este ano cumpre 25 anos, do Concello de Redondela á Xunta de Galicia.
Malia agradecer o compromiso público do edil de interior, quen en declaracións a esta emisora e outros medios asegurou que Audasa xa tiña previsto acometer as diferentes medidas correctoras de ruído demandadas dende o centro, lamentan que dito concelleiro cualifican de “pouco afortunadas as declaracións do Concelleiro nas que semella cualificar o interese da comunidade educativa como de interese particular”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará